
Dous poemas de Etel Adnan, do poemario A primaveira florece de seu
.jpg)

A mañá seguinte á miña morte
A mañá seguinte á
miña morte
sentaremos nas cafetarías
pero eu non
estarei alí
Eu non estarei
*
Fora a gran morte dos paxaros
a lúa consumiuse co
lume
as estrelas foron visibles
ata o mediodía
Verde era o bosque enchoupado
con sombras
os camiños eran serpenteantes
Unha sequoia mantivose de pé
soa
co seu corpo delgado e iluminado
incapaz de seguir os
coches que pasaron con
frenesí
Unha arbore é sempre unha inmutábel
viaxeira
A lúa escureceu ao amencer
o monte estremeceu
coa anticipación
e o océano estaba en dobre sombra:
o azul da súa superficie co
azul das flores
misturado en sendeiros de auga horizontais
había unha brisa para
presenciar a hora.
*
O sol escureceu na
quinta hora do
día
a praia estaba cuberta de
conversacións
os pelouros comezaron a caír nos buracos
e as olas entraron coma
cabalos.
*
A lúa escureceu na víspera do nadal
os anxos comeron limóns
en igrexas iluminadas
había unha alfombra azul
plantada con estrelas
sobre as nosas cabezas
limoada e novas de guerra
competiron pola nosa atención
a nosa respiración era máis quente
cós outeiros.
*
Houbo unha gran matanza de
rocas de follas de primaveira
de arroios
as estrelas amosaron por completo
o derradeiro rei do monte
deu batalla
e matárono
Tumbámonos na herba
cubriu a sangue seca cos nosos
corpos
as follas verdes balanceaban entre os
nosos dentes
*
Saímos ao mar
Un banco de baleas dirixíase ao
Sur
Un mozo entre nós un heroe
tentou montar ao carricho unha das
criaturas do mar
o seu corpo emerxou coma un charco de barro
coma barro
despedímonos dos seus restos
feliz de non ter que enterralo
nas primeiras horas do día
Embebedámonos nun bar
a pequena cidade de Fairfax
acababa de ir á cama
as cerdeiras dobrábanse baixo o
peso das súas flores:
estaban envoltas nun ceremonial
baile ao que ninguén
fora invitado nunca.
*
Sei que as flores para seren compañeiras de funeral
fan veriños e velenos
e comen muros de pedra abandoados
Sei que as flores brilan máis forte
có sol
o seu eclipse significa o fin das
veces
Pero encántanme as flores pola súa traición
os seus corpos fráxiles
adornan as avenidas da miña imaxinación
sen a súa presenza
a miña mente sería unha tumba
sen marcar
*
Atopámonos cunha gran tormenta no mar
Mirou cara atrás aos
acantilados rochosos
a area estaba afundindo
paxaros negros foron
saíndo
a tormenta comeuse amigos e inimigos
igual cá
auga convertida en sal para
as miñas feridas
*
As flores termiñan en patróns conxelados
os xardíns artificiais cubren
os pisos
achegámonos á medianoite
buscade con luces poderosas
os arbustos máis pequenos das
pradeiras
Un arroio corre desesperadamente cara
o océano
Este asunto inacabado da miña infancia:
Este asunto inacabado da miña
infancia
este lago esmeralda
do outro lado da miña
viaxe
persigue as xerarquías dos ceos
un bosque de palmeiras
caiu durante a noite
para facer espazo para un indesexado
xardín
dende entón
febres e hinchazóns
convertéronme nun río
as rúas eran empinadas
os ventos corrían por diante
dos barcos…
Fora de feito a gran morte dos paxaros
a lúa morrera
*
Á mañá seguinte á súa morte
perseguíndoo máis aló do seu amargo final
a súa nai veu á
súa tumba:
quitoulle os ósos fora do
seu patrón
e tirounos ao barro:
as mulleres viñeron pola noite
e reclamaron a Rimbaud o seu
esa noite había moito
trono foi impresionante
*
Lauréoulas e lilas
florecen arredor da miña cabeza
porque me enfrentei ao sol
Ves que o río Colorado corre
entre bancos floridos
repito as miñas viaxes para buscar a
felicidade que superou
a túa ausencia
Estaba feliz de non amarte máis
ata que a posta de sol alcanzou
o Leste
e rompeu a miña balsa en anacos
había outros ríos subterráneos
cubertos con flores mortas
facía frío facía frío sí facía
frío
*
Baixo unha combinación de dor
e lume de metralleta
as flores desapareceron
están no mesmo
estado de non-ser
que Emily Dickinson
Nós os mortos temos conversas
nos nosos xardíns
sobre a nosa falta de
existencia
*
O xardiñeiro está plantando
flores
azuis e brancas
algún anxo mudouse comigo
para fuxir do frío
A temperatura na Terra está
ascendendo
pero levamos sobre nós algúns
fríos inamovibles
todos levan a súa morte coma
unha sombra crecente
*
Deixei o periódico da mañá
pola cunca de café
A calor era de 85 como o
ano
e fun á xanela para topar
con que as flores floreceran pola noite
para substituír os corpos
abatidos na guerra
o inimigo viñera con lume
e astucia
para estampar os nomes dos mortos
nos xardíns de Yohmor
Non é porque a primaveira
sexa fermosa de máis
que non escribiremos o que
aconteceu na escuridade
*
Unha bolboreta veu a morrer
entre dúas pedras
ao pé do monte
o monte derramou sombras
sobre ela
para cubrir o secreto da
morte
Traducido do Inglés por Breogán Xague,
Enlace aos poemas orixinais: https://www.poetryfoundation.org/poems/53851/from-the-spring-flowers-own-the-morning-after-my-death
https://www.poetryfoundation.org/poems/53857/from-the-spring-flowers-own-this-unfinished-business-of-my-childhood